O emigrante Songtext
von The Skarnivals
O emigrante Songtext
Terra de orballo e morriña,
Miña terra que canta ailalá,
Zoan roncos os pinos ao lombo do camino dalá.
Meu pequeno coitado meniño,
Coida ben da mamá e teu irmán,
Non permitas que os tempos escuros vos fagan calar.
E anque parto, neste barco a cruzar o charco en busca do edén,
Xuro por tódalas cousas que a casa cariño hei volver.
Alí hai ben traballo e prata, alí hai homes con corbata,
As vacas non serán fracas xa nunca máis.
Cando o tempo fuxa co ar,
E os recordos tornen fume o voso lume ten presente, que comigo heivos levar.
Non importa o lonxe que esté, a túa beira sempre hei volver.
E voltarei, a casa voltarei,
Virei da fin do mundo ao teu abrigo ao teu mencer,
Alá onde eu estiver, a casa voltarei.
E voltarei, inda que zoupe o mar, que brame o temporal,
Que fuxa o vento a mares hei chegar,
Alá onde eu estiver, cariño voltarei.

Lyrics powered by www.musixmatch.com