Songtexte.com Drucklogo

IV. ECO Songtext
von Fillas de Cassandra

IV. ECO Songtext

Nun tempo que late moi lonxano
Contan as máis vellas do lugar
Que Hera, desexosa dalguén pra falare
Con Eco foi topar

Mentres por mil horas conversaban
Zeus noutros mil peitos aniñou
Hera na busca dun ruín culpábel
A Eco castigou

Condenada sempre a repetir (condenada sempre a repetir)
As últimas verbas dos demáis (as últimas verbas dos demáis)
Farta de sentirse incomprendida
Fixo dunha cova o seu fogar
(Fixo dunha cova o seu fogar)

Era Eco (Eco)
Era Eco (Eco)
Era Eco (Eco)
A que fixo soar a nosa voz


Era Eco (Eco)
Era Eco (Eco)
Era Eco (Eco)
A que fixo soar a nosa voz

Sexa noite escura ou alborada
Sexa un berro xordo ou un cantar
Sexa nunha cova ou laberinto
Será Eco quen responderá

Sexa noite escura ou alborada
Sexa un berro xordo ou un cantar
Nesa súa cova subterránea
Eco faise voz neste cantar

(Sexa noite escura ou alborada)

Era Eco (era Eco)
Era Eco (era Eco)
Era Eco (era Eco)
A que fixo soar a nosa voz

Eco é como é, como quere ser
Non calou, Hera castigou
Sen deixala ter propia voz
E coa súa dor, lonxe do temor
Facémonos eco


Eco é como é, como quere ser
Non calou, Hera castigou
Sen deixala ter propia voz
E coa súa dor, míranos despois
Facémonos eco
Faise eco
Faise eco

Era Eco
Era Eco
Era Eco
A que fixo soar a nosa voz

Era E-e-e-co (e-e-co-co-co)
Era E-e-e-co (co co-co co co-co)
Era E-co-co-co-co
A que fixo soar a nosa voz
A que fixo soar a nosa voz
A que fixo soar
A que fixo soar
A nosa voz

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Quiz
Welcher Song ist nicht von Britney Spears?

Fans

»IV. ECO« gefällt bisher niemandem.