Songtexte.com Drucklogo

Pel de serpe Songtext
von Ataque Escampe

Pel de serpe Songtext

Aí vou procurando a gloria,
Superrápido, no meu dodge con redutora.
Aí vou coa pel de serpe desta cazadora
Pensando no fría que é a vida a esta beira da dor.

Sei que vos odio con esa pose intelectual,
A cuestión nacional, piratas por amor ao ron.
Ron, ron, ron.

Simpáticos e irónicos, doentes pola acción,
Rambo e Rimbaud, a grande evasión,
O universo sodes vós.


Aí vou sentindo a cafeína no espectáculo das noite e dos días,
Aí vou, e cando me suba a bilirrubina
Non haberá unha puta aspirina a esta beira da dor.

Non é tan fácil desde a cabina dun camión
O soul de Detroit e a estética do oitenta e dous.
Boys, boys, boys.

Nostálxicos e histriónicos, no guateque Marvin Gaye
(Que non foi quen de matar o pai, foi o pai que o matou a el).

Aí vou procurando a gloria,
Como un lóstrego por un bosque de magnolias.
Aí vou coa pel de serpe desta cazadora.
Falade do dura que é a vida a esta beira da dor.

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Ataque Escampe

Quiz
Wer singt über den „Highway to Hell“?

Fans

»Pel de serpe« gefällt bisher niemandem.