Songtexte.com Drucklogo

O longo adeus Songtext
von Ataque Escampe

O longo adeus Songtext

Tocan a morto nas festas parroquiais:
Non nos ha cansar a insuficiencia do real.
E baixo este ceo que é de Rohypnol
Quentaremos un chá con pílulas de ficción,
E por exemplo eu son Phillip Marlowe de vocación
Phillip Marlowe de vocación.


E entre pluriemprego e aloumiños de cibersexo,
Quero que me digas o mediodía que nos atopemos
Que hai un misterio e un gin-tonic delator,
Cando mudamos de pel e poñemos o chapeu.
E xustamente ti es o libro aberto que quero ler
O libro aberto que quero ler.

E logo das rosas aínda máis cuncas de viño.
Hai prezo por soñar se despois non dás esquecido.
Non hai misterio, u-la tinta da nosa pel?
Na botella haberá outra vida de papel.
E así entre ti e máis eu escribiremos o longo adeus
Escribiremos o longo adeus
Escribiremos o longo adeus.

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Ataque Escampe

Fans

»O longo adeus« gefällt bisher niemandem.